CARGANDO...

AP Pontevedra, Sec. 2.ª, 23/2009, de 15 de mayo

SP/SENT/525632

Recurso 16/2009. Ponente: JOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO.

Jurisprudencia relativa al ánimo de distribución en la posesión de archivos de pornografía teniendo instalado un programa P2P 
No tiene permisos para ver el contenido de los extractos
ANTECEDENTES DE HECHO
Primeiro.- O Ministerio Fiscal, nas súas conclusións provisionais e que elevou a definitivas no acto de xuízo oral, cualificou os feitos como constitutivos dun delito de
distribución e posesión de pornografía infantil dos arts. 189.1 b), 189.2 e 189.3.a),b),c),d) e e) do Código Penal . É responsable o acusado en concepto de autor, conforme ao previsto no artigo 28 do Código Penal . Non concorren circunstancias modificativas da responsabilidade criminal. Procede impoñer ao inculpado a pena de oito anos de prisión, con inhabilitación especial para o exercicio do dereito de sufraxio pasivo durante o tempo da condena, comiso dos medios informáticos, ficheiros e arquivos intervidos, así como pagamento das costas do procedemento. Así mesmo, de conformidade co previsto no artigo 192.2 do Código Penal, o acusado deberá ser condenado á pena de inhabilitación especial para emprego, cargo público ou exercicio de calquera oficio ou profesión que poida ter relación con menores de idade.
Segundo.- A defensa do procesado, en idéntico trámite, mostrou a súa disconformidade co manifestado polo Ministerio Fiscal e solicitou a libre absolución do seu representado.
O 23 de xullo de 2006 presentouse unha denuncia nas dependencias da Garda Civil de Santoña -Cantabria-. A través dela poñíase en coñecemento de tal corpo a existencia dun arquivo na rede de intercambio peer to peer (P2P) eDonkey que, baixo o nome 100 greatest metal albums.
pantera.megadeth.metalica.morbid angel.deicide, contiña fotografías pornográficas de menores de trece anos.Axentes do Equipo de Investigación Tecnolóxica (EDITE) da Unidade Orgánica da Policía Xudicial da Comandancia da Garda Civil de Cantabria, procederon ás correspondentes pescudas, dentro da devandita P2P eDonkey, do número de hash correspondente ao arquivo de vídeo que fora denunciado. Indagáronse así os endere

Para acceder al documento completo, por favor, introduce usuario y clave


Si deseas acceder a todos los documentos
Si solo deseas descargarte este documento

Para solicitar más información, pulsa aquí y nos pondremos en contacto contigo.

Productos Recomendados