CARGANDO...

Derechos Reales

AP Pontevedra, Vigo, Sec. 6.ª, 44/2016, de 29 de enero. Recurso 83/2015

Ponente: JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO
SP/SENT/849428
 No se aprecia la indefinición de linderos necesaria para que prospere la acción de deslinde, encontrándose los predios delimitados por una línea de dos postes de hormigón
No tiene permisos para ver el contenido de los extractos
ANTECEDENTES DE HECHO
Primeiro: O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 1 de Vigo, con data do 21 de novembro de 2014, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:
"Desestimando integramente las acciones promovidas por la representación de Geronimo y Otilia contra Amanda y Octavio , debo absolver y absuelvo a los demandados de las pretensiones contra ellos sostenidas, con expresa imposición a los demandantes de las costas procesales."
Segundo: Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª TICIANO ATIENZA MERINO, en representación de D. Geronimo , D.ª Otilia , presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).
Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 17 de decembro de 2015.
FUNDAMENTOS DE DERECHO
Primeiro : A finalidade de toda acción de deslindamento é a de lograr a individualización do predio mediante a gráfica fixación da liña do seu polígono. Presupón, xa que logo, unha confusión de límites entre predios lindeiros, non procedendo cando estes resulten plena e indubitablemente sinalados e verificados, e interesa, en fin, soamente aos propietarios dos fundos que estean en estremas incertas ou discutidas ( sentenzas do T. S. de 27-5-74 , 27-4-81 , 20-1-83 , 18-4-84 , 21-6-97 , 14-10-2002 , 14-5-2010 e 10-12-2013 ).
Dende un punto de vista conceptual o termo confusión non ofrece problemas, equivalendo a indeterminación ou imprecisión de lindeiros. A dificultade existe, pola contra, á hora de trasladar ese concepto, na súa vertente xurídica, á realidade xeográfica dos predios litixiosos, dados os múltiplos e moi variados elementos físicos, tanto naturais como produto da obra do home, con que podemos atoparmos. E esa diversidade e casuismo conlevan que non sexa doado establecer criterios xerais, e para todos os casos, sobre a existencia da confusión.de lindes. Pois ben, dentro desa dificultade, derivada do relativismo concurrente, a doutrina xurisprudencial ten sentado, por exemplo, que "hay confusión real de linderos cuando no existen datos físicos delimitadores de las fincas"; ou cando "los demandados han levantado recientemente de modo unilateral una valla para delimitar su finca en la forma que han estimado conveniente...". Pola contra, non será proc
También puedes adquirir este documento o suscribirte para acceder a todos los contenidos