CARGANDO...

AP Pontevedra, Vigo, Sec. 6.ª, 529/2016, de 13 de octubre. Recurso 113/2016

Ponente: JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO
SP/SENT/876984
 No puede admitirse la reclamación de cuotas impagadas cuando la comunidad no acredita la notificación del acuerdo de liquidación de deuda con los detalles de la misma
No tiene permisos para ver el contenido de los extractos
ANTECEDENTES DE HECHO
Primeiro: O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 4 de Vigo, con data do 9 de novembro de 2015, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:
"REXEITO TOTALMENTE A DEMANDA interposta pola COMUNIDADE DE PROPIETARIOS DIRECCION000 ( RUA000 , NUM001 , Vigo), contra de Remigio , en cuxo lugar actuaron como sucesores procesuais Inocencia e Claudia , absolvendo a estas últimas da presente instancia, sen entrar no fondo da cuestión. Todo elo sen que haxa lugar a efectuar pronunciamento condenatorio en materia de custas procesuais."
Segundo: Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª Mª José Argiz Vilar, en representación de C.P. DIRECCION000 , presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).
Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo.
FUNDAMENTOS DE DERECHO
Primeiro : O artigo 21. 2 da Lei de Propiedade Horizontal de 21 de xullo de 1960, na súa vixente redacción, dispón que "a utilización do procedimento monitorio requerirá a previa certificación do acordo da Xunta aprobando a liquidación da débeda coa comunidade de propietarios por quen actúe como Secretario da mesma, co visto e pracet do Presidente, sempre que dito acordo fora notificado aos propietarios afectados na forma establecida no artigo 9". E con fundamento neste precepto o demandado, propietario da vivenda ubicada no andar NUM002 , letra DIRECCION001 ) do inmoble nº NUM001 da RUA000 desta cidade de Vigo, se opón á reclamación que a Comunidade de Propietarios faille en concepto de gastos xerais do edificio, que non estarían pagados, polo montante total de 4.195,62 euros. O posicionamento -inicial e formal- do demandado, e hoxe recurrido, estriba en que non se lle notificou o acordo da comunidade aprobando a liquidación da débeda, de conformidade con aquel precepto, posicionamento que é á postre seguido pola sentenza ditada en primeira instancia, e agora recurrida pola comunidade demandante, quen, como único argumento atinente a este extremo da notificación, alega que a mesma parece acreditada pola proba documental e testemuñal, en unión dos actos propios do demandado, aos que seguidamente farase referencia.
Segundo : O exame da cuestión, de natureza esencialmente probatoria, require, sen embargo, dunha previa reflexión de orde xurídica: A natureza expeditiva d