CARGANDO...

Juzgado de lo Social Vigo, n.º 6, de 22 de julio de 2020. Recurso 407/2020

Ponente: ALEJANDRO COUSELO BARRIO
SP/SENT/1060934
 Derecho del trabajador al teletrabajo mientras se mantengan en vigor las medidas establecidas en el Real Decreto Ley 8/2020
No tiene permisos para ver el contenido de los extractos
ANTECEDENTES DE HECHO
PRIMEIRO.- O día 9 de xuño do 2020 a parte demandante presentou no Decanato dos Xulgados do Partido Xudicial de Vigo demanda. Na mesma, logo de expor os feitos e os fundamentos de dereito que tivo a ben, solicitou que se ditase unha sentenza na que se declarara o dereito da demandante a realizar traballo a distancia e se condenara á demandante a indemnizala en concepto de danos e perdas na cantidade de 3.125 euros.
SEGUNDO.- A demanda foi admitida a trámite e se convocou ás partes a xuízo, que tivo lugar o día 20 de xullo do 2020, co resultado que consta na acta.
No acto do xuízo practicouse a proba documental e todas partes concluíron como tiveron a ben sobre o resultado das probas practicadas.
PRIMERO.- O demandante, Don Eugenio con DNI NUM000 ven prestando os seus servizos para a empresa demandada cunha antiguidade do 2 de xaneiro do 1990 por causa dun contrato de traballo indefinido a xornada completa e unha categoría de Oficial de 1ª Administrativo. O demandante percibe unha remuneración mensual bruta, incluído o rateo das pagas extras, por importe de 2.642,12 euros (feitos non controvertidos).
SEGUNDO.- A empresa demandada mantivo ó demandante en situación de teletraballo dende o 16 de marzo do 2020. Na data 13 de maio do 2020 a empresa comunicou ó demandante que retomaría o traballo presencial, debendo reincorporarse ben o venres 22 de maio ben o luns 25 de maio do 2020.

Si deseas acceder a todos los documentos de este producto, suscríbete Si solo deseas acceder a los documentos en abierto candado abierto regístrate gratuitamente aquí